O motoclube ten …

OBXECTIVOS

O noso esforzo está orientado a fomentar, promocionar e divulgar o desfrute de eventos deportivos, na disciplina do supercross, con todos os afeccionados a este duro e espectacular deporte. Isto non sería posible sen a abnegación da directiva, o esforzo desinteresada dos membros do Motoclube Ameixenda e dous seus achegados colaboradores e, como non, da afición galega, que é en definitiva a que lle dá sentido a este proxecto, e compensa con creces todas as vicisitudes e anima a seguir pelexando.

MEDIOS

A carreiras dispoñen de todolos permisos e riquisitos técnicos que a autoridade competentes exixen para desenvolver probas deportivas de supercross (director de carreira, comisarios técnicos, equipo de bandeiras, equipo de cronometraxe, equipo médico, ambulancias medicalizadas, uvi movil con médicos, cumprindo a normativa vixente en canto a seguridade para a realización de este tipo de probas.

A cobertura dos eventos conta cos medios audiovisuais de spiker, prensa, equipo de son, pantallas e demais servizos para a comodidade e desfrute da afición: cantina, aseos, gradas, vallado de seguridade, rego, etc, etc