2019-04-18 SX ABELLEIRA – Desenvolvemento


Como chegar

HORARIOS

  • 09:00 a 11:00 Verificacións
  • 11:00 Entrenamentos libres e clasificatorios
  • 15:00 Carreiras

CATEGORÍAS

  • Alevíns 50cc
  • Alevíns 65cc
  • Promesas 85cc
  • Hobby (pilotos novéis en competición).
  • PitBike
  • Promoción
  • Junior sub18
  • Veteranos (38 anos ou más)
  • Élite
  • Féminas

INSCRIPCIÓNS

Faina a través do correspondente formulario de inscrición, ao final do día poderás verte na listaxe de inscritos.
Por favor, 
para evitarvosnos trastornos non utilices o correo electrónico como medio para inscribite.
  • O prazo das inscricións, xunto co prazo de pagamento, péchanse na data e hora: 15 de abril ás 24h
  • Todo piloto que se inscriba fora do prazo poderá facelo se é xustificadamente ata o mesmo día da proba, pero terá abonar unha doble da cuantía do importe en plazo que lle correspondera á categoría.
  • As inscrición  non será efectiva ata que se aporten os  correspondentes xustificantes de abono e de seguro do piloto.
  • Aos pilotos inscritos que non puideran asistir á proba se lles reintegrará a totalidade do importe abonado.

ABONOS

Importe dos abonos para a inscrición:

  • Féminas: 15€.
  • Alevíns: 15€.
  • Promesas: 20€.
  • Demáis categorías: 35€.

Procedemento para facer os abonos:

Ingresar o/s abono/s que corresponda/n segundo a categoría/s, na conta do Motoclube Mais Gas Gondomar Morgadans,  especificando os seguintes datos:

  • Beneficiario: Motoclube Mais Gas Gondomar Morgadans
  • Entidade: Abanca
  • Conta: ES62 2080 5087 6430 4001 7901
  • Concepto: Apelidos+Nome+ Dorsal+Categoria
  • Se non incorporaches o xustificante do abono ou do seguro a través do formulario de inscrición, podes presentalos directamente  nas verificacións.

PÓLIZA DE SEGURO

Para poder participar na proba é imprescindible presentar o abono personal que xustifique estar adscrito e en vixencia á póliza específica que os organizadores,  atendendo aos  requerimentos legáis para estes fins deportivos, conviñeron coa compañía Seguros Atlántida. As pólizas xestionadas a través da ANPA ou da Liga Galega da Moto de Campo, para estes mismos fins e coberturas, dentro da mesma compañía Seguros Atlántida, serán igualmente admitidas.

A adscrición á póliza pódese tramitar a través do  Motoclube Ameixenda (jmgmoure@gmail.com ) ou do Motoclube Motoclube Mais Gas Gondomar Morgadans (juan.juancrispin@gmail.com ) .

DORSÁIS

Fondo dos dorsáis:

  • Alevíns: fondo azul ou negro, números brancos
  • Promoción, féminas, Hobby, Pit bike: fondo negro, números brancos.
  • Veteranos, Élite e Junior: fondo branco, números negro
  • Pit bike: fondo negro numeros brancos

BASES

O Gran premio Concello de Gondomar 2018 clasifícase como un evento deportivo, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a lei 3/2012.

O Motoclube Mais Gas Gondomar Morgadans, durante o desenvolvemento desta proba, aplicará o regulamento do Campionato de España de SX, aínda que, en función das diversas categorías e do número de participantes poderá  facer as modificación que crea opurtunas

OBXECTIVOS

O noso esforzo está orientado a fomentar,  promocionar e divulgar eventos deportivos de supercross para o desfrute da afición a este duro e espectacular deporte. Isto non sería posible sen directiva abnegada xunto có esforzo e colaboración desinteresada dos seus membros e achegados e, por suposto, da afición galega que en definitiva é a que lle dá sentido a sigamos pelexando.

MEDIOS

A carreira dispón de tódolos permisos e riquisitos técnicos que as autoridades competentes esixen para o desenvolvemento destas probas deportivas de supercross (director de carreira, comisarios técnicos, equipo de bandeiras, equipo de cronometraxe, equipo médico, ambulancias medicalizadas, uvi movil con médicos) cumpríndose así a normativa vixente referente a seguridade neste tipo de probas.

   A cobertura do evento conta cos medios audiovisuais de spiker, prensa, equipo de son, pantallas e demáis servizos que redundan na comodidade e desfrute da afición: cantina, aseos, gradas, vallado de seguridade, rego do circuíto, etc.