COMO CHEGAR
HORARIOS
- 09:00 a 11:00 Verificacións
- 11:00 Entrenamentos libres e clasificatorios
- 16:00 Carreiras
CATEGORÍAS
- Alevíns 50cc
- Alevíns 65cc
- Promesas 85cc
- Hobby (pilotos novéis en competición).
- PitBike
- Promoción
Junior sub18- Veteranos (38 anos ou más)
- Élite
- Féminas
INSCRIPCIÓNS
Faina a través do correspondente formulario de inscrición, ao final do día poderás verte na listaxe de inscritos.
Por favor, para evitarvosnos trastornos non utilices o correo electrónico como medio para inscribite.
- O prazo das inscricións, xunto co prazo de pagamento, péchanse na data e hora: 14 de xunio ás 24h
- Todo piloto que se inscriba fora do prazo poderá facelo se é xustificadamente ata o mesmo día da proba, pero terá abonar unha doble da cuantía do importe en plazo que lle correspondera á categoría.
- As inscrición non será efectiva ata que se aporten os correspondentes xustificantes de abono e de seguro do piloto.
- Aos pilotos inscritos que non puideran asistir á proba se lles reintegrará a totalidade do importe abonado.
ABONOS
Importe dos abonos para a inscrición:
- Féminas: 15€.
- Alevíns: 15€.
- Promesas: 20€.
- Demáis categorías: 35€.
Procedemento para facer os abonos:
Ingresar o/s abono/s que corresponda/n, segundo a categoría/s, na conta bancaria correspondente, especificando os seguintes datos:
- Beneficiario: Motoclube Rebordelos
- Entidade: Abanca
- Conta: ES83 2080 0343 0730 4000 7353
- Concepto: Apelidos+Nome+ Dorsal+Categoria
- Se non incorporaches o xustificante do abono ou do seguro a través do formulario de inscrición, podes presentalos directamente nas verificacións.
PÓLIZA DE SEGURO
Para poder participar na proba é imprescindible presentar o abono personal que xustifique estar adscrito e en vixencia á póliza específica que os organizadores, atendendo aos requerimentos legáis para estes fins deportivos, conviñeron coa compañía Seguros Atlántida. As pólizas xestionadas a través da ANPA ou da Liga Galega da Moto de Campo, para estes mismos fins e coberturas, dentro da mesma compañía Seguros Atlántida, serán igualmente admitidas.
A adscrición á póliza pódese tramitar a través do Motoclube Ameixenda (jmgmoure@gmail.com ) ou do Motoclube Motoclube Mais Gas Gondomar Morgadans (juan.juancrispin@gmail.com ) .
DORSÁIS
Fondo dos dorsáis:
- Alevíns: fondo azul ou negro, números brancos
- Promoción, féminas, Hobby, Pit bike: fondo negro, números brancos.
- Veteranos, Élite e Junior: fondo branco, números negro
- Pit bike: fondo negro numeros brancos
BASES
Esta proba clasifícase como un evento deportivo, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a lei 3/2012.
Durante o desenvolvemento das probas aplicaráse, en defecto, o regulamento do Campionato de España de SX, aínda que en función das diversas categorías e do número de participantes poderanse facer as modificación que a directiva estime opurtunas na procura dunha optima organización do evento.
Deste xeito, convéñese (fora do anterior regulamento) o criterio de puntuación aplicable ao Campionato 2019:
25,22,20,19,18,17,16,15,14,13,12,11,10,9,8,7,6,5,4,3,2,1 (Puntuándose así os vintedous primeiros postos).
No caso de empate aplicarase o resultado de la última manga.
OBXECTIVOS
O noso esforzo está orientado a fomentar, promocionar e divulgar eventos deportivos de supercross para o desfrute da afición a este duro e espectacular deporte. Isto non sería posible sen directiva abnegada xunto có esforzo e colaboración desinteresada dos seus membros e achegados e, por suposto, da afición galega que en definitiva é a que lle dá sentido a sigamos pelexando.
MEDIOS
A carreira dispón de tódolos permisos e riquisitos técnicos que as autoridades competentes esixen para o desenvolvemento destas probas deportivas de supercross (director de carreira, comisarios técnicos, equipo de bandeiras, equipo de cronometraxe, equipo médico, ambulancias medicalizadas, uvi movil con médicos) cumpríndose así a normativa vixente referente a seguridade neste tipo de probas.
A cobertura do evento conta cos medios audiovisuais de spiker, prensa, equipo de son, pantallas e demáis servizos que redundan na comodidade e desfrute da afición: cantina, aseos, gradas, vallado de seguridade, rego do circuíto, etc.