Comunicado 13/10/2019

Tras recibir diversas apreciacións por parte dos participantes ao respecto do futuro desenvolvemento das probas pendentes, dende o Motoclube Ameixenda queremos comunicarvos que o noso motoclube colabora activamente na dinamización destes enventos, superando certas limitacións para poder manter este punto informativo común e respectando, ante todo, as decisións e iniciativas particulares dos outros motoclubes organizadores. Estes outros motoclubes, xunto coas as persoas implicadas neles, non sempre poden levar a cabo os seus máis desexados proxectos. O seu compromiso incondicional depende, nuha grande medida, da entrega dos seus membros, dos seus colaboradores e das circunstancias derivadas dos ámbitos das competencias institucionais. Dende a nosa capacidade divulgativa (e en moita menor medida organizativa) tentaremos en mellorar a anticipación da información, incluíndo a este tipo de imprevistos, no obxectivo de causar o menor trastorno posible aos afectados.

De xeito independente a estas circunstancias, segue prevista a correspondente entrega de trofeos da tempada 2019, posiblemente aproveitando a celebración da primeria proba da próxima tempada 2020.

Dendo o motoclube Ameixenda aproveitamos para informarvos que os vosos seguros de piloto podedelos xestionar tamén a través de nos.

CLASIFICACIÓNS XERAIS CAMPIONATO

CLASIFICAIÓNS PROVISIONAIS SX ABELLEIRA 2019-07-25